Varios lanzamentos de Xbox 360 e PS3 poderán actualizarse a Xbox One e PS4 por 10 euros

martes, 17 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Anticipándose ao feito de que moitos dos potenciais compradores do xogo Call of Duty: Ghosts poden querer mercar durante o Nadal unha das novas consolas de nova xeración Activision confirma que o xogo que sairá á venda para Xbox 360 e PlayStation a primeiros de novembro contará cunha interesante opción de actualización, de xeito por 10 euros que o merque para PS3 poderá facerse coa versión para PS4 e quen faga o propio para Xbox 360 poderá conseguir a versión de Xbox One.
Esta promoción estará vixente ata rematar marzo de 2014 e aplicarase tanto a edicións dixitais como a físicas (aínda que en este caso só en certos establecementos) á vez que detalla que o pase de tempada que subscriban os usuarios servirá tanto para a xeración actual de consolas como para a seguinte.
Pero Call of Duty: Ghosts non será o único título en ofrecer tal posibilidade, senón que moitos outros que permitirán a actualización por 10 euros serán Battlefield 4, FIFA 14, Assassin’s Creed IV, Watch Dogs, Madden NFL, Need For Speed: Rivals e NBA2K14 (polo que sabemos, estes 2 últimos só ofrecerán tal posibilidade para as consolas de Microsoft).
Parece quedar claro que os editores de videoxogos non queren que o lanzamento dunha nova xeración de consolas non prexudique aos lanzamentos da campaña de Nadal, evitando que os compradores adíen as súas compras por non saber se queren gozar dos xogos na actual ou na seguinte xeración.

PUBLICIDADE