VIZIO integra Google Cast nos seus novos televisores
martes, 22 de marzo do 2016
O fabricante norteamericano de televisores VIZIO anunciou
hoxe VIZIO SmartCast, que presume de ser un ecosistema de lecer conectado
de nova xeración que chegará a pantallas, barras de son e altofalantes
autónomos, e que vai estrearse na liña
de televisores Serie-P, que non só teñen paneis ultra alta definición con
HDR, senón que tamén integrarán a tecnoloxÃa de Google Cast.
Estes novos televisores controlaranse coa aplicación VIZIO SmartCast, que
estará preinstalada nunha tableta Android incluÃda que conta cunha pantalla
Full HD de 6 polgadas (asà como un procesador de 8 núcleos, Lollipop,
altofalantes estéreo e 16 GB de almacenamento interno), estando dispoñible esta
tecnoloxÃa para pantallas que parten das 50 polgadas e un prezo de 999,99
dólares. Loxicamente, ao estarmos ante unha solución baseada en dispositivos
móbiles, non será preciso que empreguemos o mando especÃfico do televisor,
senón que tamén podemos converter case calquera smartphone ou tableta con
Android ou iOS instalando a aplicación de VIZIOI SmartCast, o que simplificará
a navegación entre contidos.
Pero a incorporación de Google Cast parece que será o factor realmente
diferenciador destes novos televisores, xa que fai extremadamente doada a
reprodución de contidos en liña no televisor. Deste xeito, se estamos a
movernos pola aplicación de Netflix, só
teremos que premer o botón de Google Cast na aplicación para que a pelÃcula ou
o episodio da serie de televisión que queiramos ver apareza directamente no
televisor, o que tamén poderemos facer con moitas outras aplicacións
compatibles como YouTube ou Google Play Music, sendo tamén posible o facer
espello dunha pestana do navegador web Chrome para ver páxinas web no
televisor.
Os primeiros televisores de VIZIO en incluÃr esta tecnoloxÃa serÃan os VIZIO
SmartCast P-Series Ultra HD HDR Home Theater Display de 50, 55, 65 e 75
polgadas, que terán prezos de 999,99, 1.299,99, 1.999,99 e 3.799,99 dólares.
Tamén altofalantes
Adicionalmente VIZIO tamén está a preparar o lanzamento dos VIZIO SmartCast Crave WiFi Speakers e as VIZIO SmartCast Sound Bars, ou sexa, altofalantes sen fÃos cos que tamén poderemos facer uso da tecnoloxÃa de streaming de Google para achegarlle contidos de plataformas como Google Play Music ou Spotify, que pode resultar especialmente atractiva para instalacións domésticas nas que colocar varios altofalantes e busquemos a sincronización da reprodución facilitando a ambientación musical.
Google Cast = Chromecast
Cómpre destacar que Google Cast é a tecnoloxÃa que antes respondÃa ao nome de Chromecast, estando previsto que esta mesma semana se actualicen as aplicacións de iOS e Android para responder á nova marca (de xeito que Chromecast serÃa especificamente o dispositivo receptor de Google Cast comercializado por Google).
VÃdeo promocional de VIZIO SmartCast