Unha sentenza sostén que compartir unha canle de televisión de pagamento non é delito

xoves, 12 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Un auto da Audiencia Provincial de Pontevedra determinou que distribuír o sinal de Digital+ a través dunha comunidade de veciños non constitúe delito, quedando exonerado un veciño de Ponteareas acusado de cargos de estafa e contra a propiedade intelectual, no que xa é unha sentenza firme.
O denunciado está abonado a Digital+ dende outubro de 2000 e ten o seu receptor de satélite instalado nos faios do seu edificio co obxectivo de «distribuír ás doce vivendas da comunidade de veciños os sinais de Digital+», o que a Audiencia considerou que limítase a «un ámbito estritamente doméstico, en canto a que non é accesible ao público en xeral», polo que non estariamos ante un delito recollido polo Código Penal, o que non implica que non existan responsabilidades civís, posto que podería haber un incumprimento de contrato por facilitar o acceso a un decodificador e unha tarxeta fóra da residencia do denunciado.

PUBLICIDADE