Unha páxina web recupera os clásicos Game & Watch

venres, 25 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A nena robot Arale tamén tiña un xogo Game & Watch que agora pode gozarse en Pica Pic

Antes de que as consolas portátiles como a Nintendo DS ou as Game Boy chegasen ao mercado, o lecer electrónico portátil limitábase a dispositivos Game & Watch, que combinaban funcións de reloxo e alarma cun único xogo, e a páxina web Pica Pic permítenos agora rememorar motos destes títulos como o xogo baseado na serie de animación do Dr. Slump (que puidemos ver na TVG), o clásico Donkey Kong Jr., o xogo inspirado na serie de televisión dos Simpson Batman. Avenger of Evil, o xogo de dobre pantalla Mickey & Donald, Barrier, G-Man, Sub Attack, Merry Cook e moitos outros clásicos aos que se incorporarán en breve o xogo multi-pantalla de Zelda, Plane & Tank e Pirate 777. Por desgraza, aínda non está dispoñible o que poderiamos considerar o xogo máis representativo deste tipo: o Donkey Kong multi-pantalla.
Os xogos en Pica Pic son unha fiel recreación das maquiniñas orixinais, replicando a súa carcasa e os seus botón (que veñen preconfigurados con equivalencia no teclado do ordenador, aínda que tamén é posible mudar a asignación de teclas orixinal), demostrando que estes xogos, pese a ser extraordinariamente básicos, eran bastante divertidos, aínda que a súa reiteración de mecánica non superaría non convencería a ningún xogador actual.

PUBLICIDADE