Unha máquina recreativa permite pagar as partidas con Bitcoin

luns, 3 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A recreativa facilita o pago de partidas en Bitcoin a través do móbil

A compañía británica Liberty Games vén de desenvolver nos seus laboratorios un produto bastante curioso: unha máquina recreativa que permite pagar as súas partidas con Bitcoin, para o que integraron no mecanismo de moedas da máquina un Raspberry Pi que comunícase cos servidores de Liberty Games e un software para poder controlar a conexión entre a rede de Bitcoin e o dispositivo físico.
O sistema non só permite emular a introdución dunha moeda na máquina para xerar un crédito para xogar, senón que tamén permite inclúe mecanismos para axilizar a introdución de varios créditos posteriormente (algo moi importante se queremos continuar unha partida) o que supón unha importante mellora sobre o anterior desenvolvemento deste laboratorio (a mesa de billar que acepta Bitcoin).
Para realizar os pagamentos a máquina recreativa (que no prototipo de Liberty Games está cargada con xogos clásicos como Donkey Kong, Pac-Man e moitos outros) inclúe un código QR que pode escanearse dende o móbil para iniciar envío de Bitcoin para aboar o importe dunha partida.


Vídeo no que amosan o funcionamento da recreativa modificada nos laboratorios de Liberty Games

PUBLICIDADE