Unha incidencia deixa a parte dos usuarios de R sen acceso á Internet durante varias horas
xoves, 12 de abril do 2012
- Imaxe dunha das novas furgonetas de R publicada hai uns dÃas en Facebook
Boa
parte dos usuarios do norte de Galicia do operador R padeceron durante a
xornada de hoxe unha incidencia xeralizada, de xeito que quedaron sen conexión
á Internet provocada pola perda da
configuración do seu router de acceso, o que comezou a experimentarse
durante a mañá e alongouse durante boa parte da tarde para desesperación dos
usuarios que empregaron conexións alternativas para acceder ás redes sociais,
onde o persoal de R informaba puntualmente, aconsellando
non acudir ao servizo de atención telefónica a clientes (por estar
saturado).
O
problema comezou a solucionarse ás 17:30 horas, pero o restablecemento do
servizo foi gradual, polo que nalgúns casos a desconexión prolongouse ata a
noite, o que levou á
compañÃa a desculparse, lembrando que, como en ocasións anteriores,
indemnizarán aos afectados cun desconto na vindeira factura que reciban.