Unha correa de silicona converte o iPod nano nun reloxo de pulso
mércores, 17 de novembro do 2010
Tras o anuncio do
actual iPod nano moitos comentaron a posibilidade de enganchalo nunha correa no
pulso a xeito de reloxo, e este concepto vén de aproveitalo Griffin para lanzar
o seu Slap, unha
correa de silicona que pode acoller o iPod nano no seu interior, servindo
tamén para protexer o reprodutor multimedia de Apple nun marco de goma que tapa
a súa base dock e os botóns de volume,deixando só exposta a pantalla táctil e o
conector para auriculares.
Este curioso accesorio venderase por 24,99 dólares (17,76 euros) en numerosas
cores. Ao estar comercializado por Griffin é de agardar que nos vindeiros meses
poderemos atopar o Slap nas tendas españolas.