Unha aplicación permite subir varios vídeos á vez a YouTube

venres, 9 de novembro do 2007

Os usuarios de YouTube contan agora cunha nova ferramenta para publicar os seus vídeos, xa que o servizo de vídeos de Google vén de anunciar o YouTube Uploader, que é unha aplicación que permite subir varios ficheiros á vez, que non poderán ter unha duración de máis de 10 minutos cada un pero que poderán superar os 100 Mb de tamaño (podendo chegar ata 1 Gb) de xeito que se fai mmoito máis doada a súa publicación.
Esta ferramenta é moi semellante a unha equivalente para Google Video, e resulta moi útil para a carga masiva de contidos ó servizo (tanto ocasional coma frecuentemente).

PUBLICIDADE