Un xogo descargable de balde para as novas PSPgo

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Entre o 1 de decembro e o 10 de xaneiro de 2010 será posible acceder a unha promoción por parte dos novos compradores da PSPgo que permite descargar de balde o simulador de condución Gran Turismo, o xogo de carreiras todoterreo MotorStorm Artic Edge ou o xogo de acción e aventura Assassin’s Creed: Bloodlines, de xeito que melloran o atractivo da consola portátil de Sony que carece de lector de discos UMD, ou sexa, que está orientada unicamente aos contidos descargables.
Pero esta non é a única promoción de Sony, senón que entre o 27 de novembro e o 30 de abril todos os que merquen unha PlayStation 3 de 120 Gb obterán un desconto de ata 50 euros nos xogo Uncharted 2: El Reino de los Ladrones, God of War III, EyePet, Buzz!: Concurso Universal e SingStar Mecano.

PUBLICIDADE