Un xogo de Wii incluirá coma accesorio unha bicicleta estática

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A Wii é posiblemente a consola de videoxogos doméstica máis orientada á práctica deportiva no fogar, e así tras os xogos Wii Sports, Wii Sports Resort e Wii Fit chega Cyberbike, un título desenvolvido por Bigben Interactive que chegará ao Reino Unido en xaneiro de 2010 que venderase acompañado dunha bicicleta estática (sen detallarse polo momento nin o seu prezo nin se chegará a comercializarse no resto de Europa).
O xogo simula o percorrido en bicicleta a través de 18 circuítos distintos, de xeito que pedalear non será aburrido. Conta con modo Fitness, Historia e Multixogador (para ata 4 usuarios), do que xa podemos ver un vídeo de presentación:

PUBLICIDADE