Un relixioso pon en marcha un curso en liña sobre creatividade e valores

martes, 6 de febreiro do 2007

A Escola de Pensamento e Creatividade, seguindo os seus obxectivos de “aprenderlles ós mozos de hoxe en día a afrontar mellor os problemas que os atorden”, vén de presentar un método pedagóxico en liña a través da súa páxina web, posta en funcionamento no ano 1987. O curso a distancia (creado por un relixioso internauta) vai encamiñado “a axudar ós nenos e mozos a descubrir a arte de pensar con rigor e vivir de xeito creativo”. Ë dicir, trata de amosarlles ós máis novos “todos aqueles temas que non se adoitan estudar nas escolas porque se da por suposto que comunicando contidos, xa se aprende a pensar”, en termos de Alfonso López Quintás, o relixioso mercedario creador deste método.
O curso a distancia de Experto universitario en creatividade e valores divídese en tres niveis dun ano de duración cada un e, dende que arrincou o pasado mes de outubro, xa conta con máis dun cento de alumnos matriculados para este curso académico.

PUBLICIDADE