Un programador de Ribeira publica 3 xogos en Google Play

martes, 19 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Trivial Imagen está a ser o xogo de Juamba con mellor acollida

Juan Bautista Pouso, desenvolvedor da versión para dispositivos con Android da aplicación móbil Classora Finance, tamén dálle aos videoxogos, sumando xa un total de 3 títulos publicados en Google Play, dos que 2 contan con versión de balde e versión de pagamento, conseguindo un deles, Trivial Imagen (trivia quiz) superar as 15.000 descargas, mentres que Bubble Crash e MacBall mantéñense en rexistros máis modestos.
Este programador informático natural de Ribeira optou por emprender en vez de continuar a traballar como analista-programador para empresas galegas, estreando o seu primeiro xogo na tenda de aplicacións de Google o pasado mes de outubro, polo que é todo un logro que conseguise chegar aos 3 títulos publicados en menos de medio ano.
Segundo declarou nas páxinas de La Voz de Galicia, Juan Bautista pretende agora incrementar o volume de descargas dos seus xogos (para poder redibilizar as versións de balde), adaptalos a iOS e crear a súa propia empresa neste ámbito, que tería sede no Milladoiro ou en Compostela.

PUBLICIDADE