Un novo servizo permite incorporar cadros de texto ós vídeos on-line

luns, 11 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Hai anos que a MTV vén emitindo programas coma Pop-Up Video, no que durante un vídeo clip musical vai aparecendo texto en pantalla con comentarios sobre o que se está a ver (ou datos históricos sobre o momento no que se realizou o vídeo) e este tipo de creación audiovisual pode estar agora ó alcance de calquera internauta grazas a BubblePLY, que permite engadir cadros de texto (estilo cómic) a calquera vídeo dos servizos en liña máis populares (Google Vídeo, YouTube, Metacafe, Veoh, Flix, aniBOOM, Break e outros).
Así, tras definir os textos que queremos integrar nos vídeos so teremos que darlle a gardar, para facernos cunha ligazón á nova creación ou mesmo un código para poder integrala en páxinas web e blogs.

PUBLICIDADE