Un novo blog serve para denunciar os maltratos padecidos polos bolseiros no mercado laboral

martes, 18 de decembro do 2007

Os bolseiros (tamén alcumados coma precarios) levan moito tempo denunciando os abusos que padecen, pois se senten maltratados, cargando coas responsabilidades doutros traballadores pero sen contar cos seus dereitos e privilexios, servindo en moitas ocasións coma cabezas de turco para cargar coas culpas dos seus superiores, polo que para desafogarse, o ovetense Becario X creou El Blog del Becario Maltratado, que pretende ser o escaparate para as cousas máis ridículas, caricaturescas, inxustas, malsás ou grotescas ás que os bolseiros fan fronte no mercado laboral.
Dende esta iniciativa sospeitan que a realidade superará á ficción.

PUBLICIDADE