Un español gaña a Eurocopa de Pro Evolution Soccer

luns, 11 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Mentres nas pantallas televisivas podiamos ver a Eurocopa de Fútbol, nas pantallas de ordenadores persoais e consolas PlayStation había moitos xogadores pendentes do Official UEFA EURO 2016 Virtual Tournament, ou sexa, da Eurocopa virtual organizada por Konami en París, e que saldouse cun gañador español, o granadino Alejandro Alguacil Segura.
O gañador español conseguiu facerse co galardón europeo tras derrotar a Antoine Choite nunha dura final que rematou na quenda de penaltis. A vitoria resultoulle extremadamente complicada, xa que recibiu un gol de penalti aos 10 minutos de xogo, quedando tamén sen un xogador no terreo, o que non lle impediu demostrar o seu control conseguindo un maior tempo de posesión do balón e rematar cun 3 a 2 a complicada final.
A entrega do trofeo a Alguacil tamén puido seguirse virtualmente e como recompensan pola vitoria o granadino puido ver a final da Eurocopa nun palco VIP, recibiu un televisor Hisense de grande tamaño e unha estadía nun país europeo a elixir (patrocinada pro Arbitel).

Alejandro Alguacil gañou a competición europea do xogo de fútbol de Konami

PUBLICIDADE