Un dispositivo facilita gravar voz e guitarra dende o iPad
venres, 7 de setembro do 2012
Para converter o iPad nun estudo de gravación sonora
portátil temos agora unha interesante solución de Focusrite, o dispositivo
iTrack Solo, que vén a ser unha interface de 2 canles que conta con entrada
para micrófono XLR e para guitarra eléctrica (ou outro instrumento eléctrico)
para poder gravar os seus sinais nas numerosas ferramentas de edición de audio
que hai para o tablet de Apple, sendo este dispositivo tamén
compatible co ordenador. Deste xeito, teriamos unha interface como moitas
dispoñibles para o PC, pero que en mobilidade pode empregarse no iPad, polo que
pode resultar moi práctica.
O iTrack Solo permite nivelar o audio (se o seu control de ganancia ilumÃnase
en verde o nivel é atinado, pero se sae en vermello deberÃa reducirse o
volume), conta con tomas para altofalantes e auriculares para monitorizar
directamente o son e porase á venda o mes que vén por 200 dólares (156 euros).
VÃdeo promocional do iTrack Solo de Focusrite
- Co iTrack Solo podemos converter o iPad nun pequeno estudo de gravación portátil