Un deseñador de páxinas web reclama o 84% de Facebook

mércores, 14 de xullo do 2010

O mes pasado presentouse ante a Corte Suprema do condado de Allegany (New York) unha demanda civil de Paul Ceglia contra Facebook reclamando que, en virtude dun contrato con Mark Zuckerberg asinado en 2003, corresponderíalle o 84% de Facebook, o que provocou que un xuíz bloquease temporalmente os activos da empresa (decisión que a compañía intenta anular, por considerar inxustificada). En vista dos antecedentes de Ceglia, non parece que a causa vaia inclinarse ao seu favor.

PUBLICIDADE