Un ano de cárcere por subir á Rede imaxes dunha ex moza espida

martes, 1 de decembro do 2009 Raquel Noya

O Xulgado do Penal número Tres de Santander, vén de condear a un ano de prisión a un mozo de 26 anos por pendurar na Rede fotografías da súa ex moza espida, logo de que ela rompera a relación que mantiñan.
A sentenza considera ao acusado “responsable dun delito de revelación de segredos así como dunha falta de ameazas”, pola cal lle impón cinco días de localización e o abono dos costes procesais.
Por ter subido a Internet as fotos da rapaza, que dito sexa de paso non tivo moito tino ao deixarse fotografar espida por un mozo descerebrado e rencoroso, a sentenza condea ao rapaz a prisión, así como a achegarse á víctima e comunicarse con ela durante dous anos, así como a pagarlle 700 euros máis os intereses por danos morais.
Pese a que o acusado fixo as fotos co consentimento da súa ata entón parella, esta nunca o autorizou a subilas a Internet, concretamente á rede social Tuenti, onde o rapaz as puxo a disposición de calquera internauta que accedera á páxina.

PUBLICIDADE