Ubisoft regala esta semana Assassin’s Creed IV: Black Flag para PC

luns, 11 de decembro do 2017 Marcus Fernández

De cara ao Nadal Ubisoft está a celebrar o décimo aniversario do primeiro xogo da saga Assassin’s Creed dun xeito moi xeneroso: ofrecendo de balde a través da súa tenda dixital para PC o xogo Assassin’s Creed IV: Black Flag. Esta promoción estará vixente até o 18 de decembro, de xeito que quen descarga o título estes días manterao na súa colección persoal de xogos de xeito indefinido sen ter que pagar nada en absoluto.
Assassin’s Creed IV: Black Flag ofrece unha experiencia única ao achegarnos ao Caribe en 1715, cando os piratas converteron o territorio nunha república sen lei, o que fará que podamos vivir aventuras en mar e terra, dende Kingston até Nassau, podendo vivir como un pirata, capitanear e personalizar un barco, buscar tesouros e cazar animais raros encarnando ao capitán Edward Kenway e podendo coñecer a lendas como Barbanegra, mantendo dentro da trama a eterna guerra entre Assassins e Templarios.

O xogo pode descargarse de balde a través da aplicación para PC de Uplay

PUBLICIDADE