Ubisoft oferta os seus xogos con importantes descontos na PlayStation Store
mércores, 21 de setembro do 2016
Sony
volve a renovar as ofertas da súa tenda de xogos en liña para consolas PlayStation,
e desta volta destaca como oferta estelar o xogo de rol de ciencia ficción Star
Ocean: Integrity And Faithlessness Digital Edition, que de xeito promocional
custará 34,99 euros, aÃnda que no caso dos membros de PlayStation Plus a
rebaixa será aÃnda maior, e poderá adquirirse este impresionante xogo por só 22,99
euros, ou sexa, cun 61% de desconto. Pero a cousa non queda aÃ, e até o 5 de
outubro os
xogos de Ubisoft para PS3, PS4 e PS Vita terán importantes rebaixas.
Estamos ante unha grande oportunidade para facernos con tÃtulos como Assassin’s Creed: Syndicate, Far Cry Primal, Rainbow Six Siege, Tom Clancy’s
The Division oiu Raymand Legends
a un bo prezo, entrando tamén na promoción os seus pases de tempada e contidos
descargables.
Algúns exemplos destas ofertas serÃan, para usuarios con PS Plus, The Division por 26,49 euros, Assassin’s Syndicate por 19,99 euros, Rayman Legends por 11,99 euros; mentres
que calquera usuario pode facerse tamén con grandes xogos como Far Cry Primal por 21,99 euros, Far Cry 4 por 14,99 euros, Assassin’s Creed Unity por 14,99 euros ou Watch_Dogs por 9,99 euros.