Ubisoft anuncia que xa están a desenvolver Assassin’s Creed IV

venres, 8 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Connor limitaría as súas aventuras a Assassin’s Creed III

O xogo Assassin’s Creed III conseguiu vender máis de 12 millóns de copias en todo o mundo, o que supón un grande éxito que garante a continuidade da franquía, pero desta volta, en vez de continuar a aventura con novos capítulos protagonizados por actual asasino, Connor, ao igual que Ezio Auditore contará con 3 entregas consecutivas, Yves Guillemot anunciou onte ante os investidores de Ubisoft que antes de abril de 2014 van lanzar Assassin’s Creed IV, xogo do que só comentou que terá lugar nun novo período histórico e estaría protagonizado por outro personaxe.
É de agardar que na vindeira edición do E3 saibamos máis do novo Assassin’s Creed¸ aínda que o feito de que a nova entrega vaia chegar tan cedo dá a entender que poderemos gozala na actual xeración de consolas, e que non será preciso saltar ás futuras PS4 e Xbox 720 (ou o nome que reciban) para poder continuar cunha das franquías máis representativas da actual xeración de consolas (aínda que tamén parece probable que as novas consolas si poderían contar con versión do xogo).

PUBLICIDADE