Touriño afirma que a banda larga chegará a case a totalidade de Galicia

mércores, 4 de outubro do 2006 Redacción

Touriño no debate do Estado da AutonomíaDurante o debate sobre o Estado da Autonomía, Emilio Pérez Touriño adiantou que en 2007 se presentará o Observatorio Científico e Tecnolóxico do SUG, que terá como obxectivo a promoción e o seguimento da produción científica e das capacidades de I+D asociadas ó contorno universitario.
Ademais, Touriño presentou o Plan de Extensión da Banda Ampla a Galicia co que se intenta que a nosa comunidade se achegue ó resto de España no achegamento das conexións de Internet de alta velocidade. A norma permitiría que a banda larga chegase “á práctica xeneralidade dos fogares e empresas, con independencia da súa radicación xeográfica en zonas rurais ou urbanas de Galicia”, o que parece un reto difícil de acadar, xa que na actualidade aínda hai poboacións rurais que non teñen acceso á Internet (nas que a banda larga aínda parece un soño).
Touriño tamén prometeu no Parlamento galego que as empresas en máis do 80% dos concellos cabeceira de comarca (e en máis de 50 concellos pertencentes ás zonas de menor renda) contará con acceso a servizos de Internet de banda larga, telefonía e televisión dixital.

PUBLICIDADE