TÃmida recepción da PlayStation 4 no Xapón
martes, 25 de febreiro do 2014
AÃnda que a celebración do
lanzamento da PlayStation 4 no Xapón e o feito de que Sony xogase na case, daban a entender que a nova
consolas serÃa todo un éxito, pero os datos que veñen de
publicar na revista Famitsu parecen indicar o contrario, xa que a PS4 terÃa
vendidos na súa primeira fin de semana á venda 322.083 unidades, que aÃnda que
poida parecer unha boa cantidade, é un volume de vendas moi semellante ás que
movÃan no seu lanzamento consolas que hoxe consideramos grandes fracasos como a
PS Vita (con 321.000 unidades) e a Wii U (309.000 unidades).
AÃnda que algunhas fontes pretendan ver os resultados como algo positivo por
case cuadriplicar as 88.443 unidades vendidas no lanzamento da PlayStation 3 en
2006, cómpre destacar que a anterior consola doméstica de Sony non vendeu máis
porque esgotou as unidades dispoñibles nas tendas, mentres que a PS4 parece
atopar sen problema nos establecementos fÃsicos.
Vendo estes resultados enténdese que Sony adiase o lanzamento da PS4 no Xapón,
e incluso poderÃa adialo máis, pois o problema non é que a consola non vaia
contar co favor do público nipón (de feito, carece de competencia, pois
Microsoft nin sequera ten plan para levar a Xbox One ao Xapón), senón que polo
momento carece dun catálogo de xogos que interese ao público local, polo que
haberá que agardar a que cheguen xogos desenvolvidos co público xaponés no
punto de mira para que a PlayStation 4 poida conseguir unhas vendas comparables
ás que está a acadar en occidente.