The Venice Project busca revolucionar o audiovisual a través da Internet

venres, 27 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os fundadores do programa P2P KaZaA e do sistema de VoIP Skype están a preparar o que podería ser o seu vindeiro éxito tecnolóxico, que respondería ó nome de The Venice Project, e que sería un sistema de televisión a través da Rede que achegaría unha boa calidade para os usuarios con conexións de banda larga, aínda que o sistema aínda está nunha fase de probas, polo que non se amosa ó público en xeral, pero podería sorprender cun lanzamento final dentro dun par de meses.
Actualmente están a realizar negociacións con moitas produtoras de televisión por todo o mundo, pois o seu sistema permitiría a publicación na Rede de contidos profesional por parte de calquera, pero os responsables do proxecto admiten que o éxito da iniciativa estaría só no lanzamento no momento axeitado.
O novo servizo combinaría o mellora da televisión co poder social da Internet, e permitiría mellorar o control e a creatividade tanto para espectadores como a anunciantes e ós propietarios dos contidos.

PUBLICIDADE