The Phantom Pain é a primeira das 12 ofertas de Nadal de PlayStation
luns, 30 de novembro do 2015
AÃnda que as consolas de videoxogos non estiveron ausentes
das rebaixas do pasado Black Friday, dende Sony non queren cesar as promocións
e encadean xa as ofertas de Nadal, entre as que destaca a campaña
12 Ofertas de Nadal, na que durante
48 horas ofrece un xogo moi descontado, que renóvase ao rematar o prazo
indicado, até completar a ducia de xogos, e que bota a andar con Metal Gear Solid V: The Phantom Pain,
que está dispoñible a metade de prezo, o que supón un
prezo de 34,99 euros para PlayStation 4 e de
29,99 euros para PlayStation 3.
Esta oferta completase tamén cunha extensa colección
de máis dun cento de xogos de PS3, PSP e PS Vita a menos de 15 euros (chegando
a descontos do 80% do prezo orixinal), o que é unha boa oportunidade para que
os xogadores que aÃnda non saltasen á PlayStation 4 poidan facerse cun bo
catálogo de clásicos para asà estirar a vida da súa consola.