The Monday Reading Club Vigo chega á súa novena edición

luns, 13 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Esta tarde dará comezo ás 19:30 horas en La Casa del Libro de Vigo (na rúa Velázquez Moreno, 27) unha nova edición do Monday Reading Club, evento de carácter mensual que xunta a profesionais do márketing, o comercio electrónico, as tendencias, a Internet… para debater entorno a un libro que nesta ocasión será o Sácale partido a Internet. Técnicas para incrementar ventas, visitas y resultados de René de Jong. O texto céntrase na presenza corporativa na Internet dun xeito moi práctico e didáctico, centrándose nunha explotación activa dos novos recursos que van máis aló da mera presenza na web, e ilustrando todo con exemplos como que anunciarse na Rede coma «curso de inglés» ten 10 veces máis posibilidades de achegar visitas que «escuela de inglés».
A asistencia a este club de lectura é de balde, e incluso resulta de proveito pese a non ter lido o libro do mes, pois as conversas desenvolvidas ao redor da súa temática serán igualmente enriquecedoras para os profesionais do sector. Os interesados en acudir ao encontro poden confirmar a súa asistencia a través de Facebook.

PUBLICIDADE