The Humble Bundle pon á venda un lote de xogos de THQ

xoves, 29 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Red Faction: Armageddon é un dos xogos incluídos no lote de THQ

Nos últimos meses conseguiron moito éxito distintos lotes de xogos independentes baixo o selo de The Humble Bundle, que permitían a súa compra pagando a vontade e elixindo o reparto dos cartos entre desenvolvedores, organizadores da venda e entidades sen arela de lucro (concretamente Child’s Play e a Cruz Vermella dos EE.UU.), iniciativa que na súa historia conseguiu achegar máis de 7,85 millóns de dólares a fins benéficos, e que agora vai apuntar moi alto grazas ao apoio de THQ, compañía que ofrece mediante esta fórmula un grupo de xogos que normalmente terían un valor conxunto de 190 dólares.

Este lote inclúe grandes títulos como Metro 2033, baseado nunha serie de novelas de grande éxito

A xente que pague dende 1 dólares poderá facerse coas claves de descarga a través de Steam dun nutrido grupo de xogos para Windows: Darksiders, Metro 2033, Red Faction: Armageddon, Company of Heroes, Company of Heroes: Opposing Fronts, Company of Heroes: Tales of Valor e, para quen pague máis que a media, Saints Row: The Third. O lote tamén inclúe 5 bandas sonoras libres de DRM.
Esta promoción estará dispoñible durante un par de semanas nas que é de agardar que superen todas as marcas de recompilacións anteriores.


Vídeo promocional do novo lote de xogos incluíndo en The Humble Bundle

Os usuarios que paguen máis que a media recibirán de balde o xogo Saints Row: The Third

PUBLICIDADE