The Humble Bundle oferta varios xogos de Capcom con fins solidarios

martes, 13 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Os afeccionados a xogos de franquías como Street Fighter ou Resident Evil estarán encantados de ver o último lote de xogos da iniciativa solidaria Humble Bundle, pois está protagonizado por Capcom, compañía que está a ofrecer durante un par de semanas unha impresionante selección dos seus xogos (valorada en máis de 180 dólares) para achegar fondos a Direct Relief e GamesAid.

Quen achegue 15 dólares ao Humble Bundle poderá facerse con Ultra Street Fighter IV

Os xogos básicos que inclúe este lote para os que acheguen a partires de un dólar son un xogo de peso como Lost Planet 3, os prezados remakes Bionic Commando: Rearmed e Strider e o primeiro episodio de Resident Evil Revelations 2 (xunto cun desconto do 50% de querer mercar o xogo completo na Humble Store); resultando así moito máis atractivo pagar máis que a media (o que no momento de escribir estas liñas son 7,54 dólares) para facerse con Resident Evil Revelations, Resident Evil 5, DmC: Devil May Cry e algún xogo máis que se incorporará nos vindeiros días.
Para os máis xenerosos é posible pagar 15 dólares, o que dá dereito a facerse co contido descargable de Resident Evil 5 titulado Untold Stories e o xogo completo Ultra Street Fighter IV (o que é unha excelente oportunidade para pórse a día cun estilo de xogo que en 2016 vai revitalizarse coa chegada de Street Fighter V en versións para PC e PS4).

O xogo Resident Evil 5 é un dos grandes atractivos deste Humble Bundle

PUBLICIDADE