Tetrical, un novo Tetris 3D en Flash

luns, 14 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Cando Alexey Pajitnov creou o xogo Tetris non imaxinou que as pezas caendo inspirarían a tantos xogos semellantes durante os seguintes 23 anos, e o último que coñecemos é Tetrical, que funciona con pezas tridimensionais complicando máis o xogo.
Tetrical é un xogo de balde en Flash, polo que só hai que visitar á súa web para botar unha partida, existindo tamén unha variante coñecida coma Cubical, coa mesma mecánica pero distintas pezas.
Estes xogos se manexan cos cursores do teclado, en combinación coas teclas de control e maiúsculas para indicarlles os distintos tipos de xiro que se poden dar ás pezas, o que complica este xogo de Digital Machina, que está a gozas de moita popularidade.

PUBLICIDADE