Terra estrea televisión pola Internet en xaneiro

xoves, 21 de decembro do 2006 Marcus Fernández

O portal de Internet Terra é xa un grande esquecido por parte dos usuarios, pero podería revitalizarse grazas a Terra TV, un servizo que actualmente está en probas, pero que comezará oficialmente o vindeiro 8 de xaneiro, nunha aposta da compañía polo vídeo na Rede.
Para o novo servizo Telefónica ten estimado investir 150 millóns de dólares en 2007, buscando a converxencia entre a televisión pola Rede e no móbil, respondendo a unha demanda crecente dos contidos de vídeo tanto na Internet como dende os terminais de telefonía móbil, aínda que quedaría por ver se esta nova plataforma apostará tamén pola incorporación de contidos xerados polos usuarios.

PUBLICIDADE