Teremos novo xogo de Sonic en novembro

mércores, 24 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Os seareiros das aventuras do ourizo azul de SEGA están de parabéns, xa que o xogo Sonic Frontiers vén de abrir o seu proceso de reserva e fixar o seu lanzamento no 8 de novembro, con versións para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC (Steam), destacándose que en Xbox o xogo será compatible con Smart Delivey (ou sexa, que só haberá que mercalo para unha das plataformas).
O xogo tamén estreou un tráiler en español no que podemos ver as súas zonas abertas e a segunda illa de Starfll Islands (Ares Island) e novo contido da historia deste título que está considerado como a evolución dos xogos de Sonic.
Sonic Frontiers permitirá correr polas novas plataformas das zonas abertas, ofrece liberdade para elixir o noso propio camiño e descubrir misións secundarias e quebracabezas, convídanos a probar a nosa destreza entrando en portais que nos leva a plataformas tridimensionais no ciberespazo, ten un novo modo de combate cibernético e achéganos unha aventura chea de misterios e intrigas na que contaremos cunha misteriosa voz como guía mentres combatemos unha colosal ameaza mecánica.

O xogo permitiranos explorar novos territorios tridimensionais

Novo tráiler de Sonic Frontiers

PUBLICIDADE