Teremos Animal Crossing móbil o mes que vén

mércores, 25 de outubro do 2017 Marcus Fernández

A finais de novembro Nintendo escribirá un capítulo máis da súa historia en dispositivos móbiles, lanzando o moi esperado Animal Crossing: Pocket Camp!, que poderá descargarse de balde para dispositivos a partires de iOS 9.0 e Android 4.2 integrando compras dentro da aplicación, de xeito que as opcións básicas estarán dispoñibles de xeito gratuíto, mentres que haberá elementos que pagar mediante billetes folla que poderán conseguirse de balde ou pagarse con cartos reais.
Este novo xogo permite explorar a natureza, facer amigos e coleccionar obxectos incribles para crear a parcela soñada, buscando así unha boa experiencia na liña doutros xogos de Animal Crossing, pero adaptada a dispositivos móbiles.
Para dar conta dos detalles deste curioso xogo que aspira a converterse nun grande éxito en móbiles retransmitiron un completo Animal Crossing Mobile Direct:

PUBLICIDADE