Telltale Games pon data ao lanzamento da segunda tempada de The Walking Dead

luns, 9 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos especializado en aventuras gráficas, Telltale Games, parece querer satisfacer aos seus seareiros nos vindeiros meses con grandes éxitos, e tras pór á venda o primeiro capítulo da súa aventura baseada no cómic de Fábulas, confirma agora un par de novidades de grande interese: a segunda tempada do seu grande éxito, The Walking Dead; e unha nova serie baseada en Game Of Thrones que verá a luz en 2014.
Do xogo de Juego de Tronos (Game of Thrones) aínda sábese pouco, agás que Telltale confirmou o seu desenvolvemento a través de Twitter; mentres que da segunda tempada de Los Muertos Vivientes xa está dispoñible a súa ficha na tenda en liña de Steam, na que sitúan o seu lanzamento para o vindeiro 17 de decembro, facilitando a súa compra anticipada cun 10% de desconto (quedando en 20,69 euros a tempada completa).
O novo xogo baseado no universo credo por Robert Kirkman continúa a historia de nena orfa Clementine, que deberá sobrevivir nun mundo cheo de mortos viventes, superando grandes dilemas e tendo que deixar atrás a súa infancia para adaptarse ao seu duro contorno sen tolear.
Ao parecer, as decisións adoptadas ao rematar a primeira tempada do xogo afectarán á súa secuela, seguindo así os pasos doutras grandes sagas do mundo do videoxogo.

PUBLICIDADE