Telefónica vende Airwave por 2.982 millóns de euros

xoves, 19 de abril do 2007

Telefónica vén de anunciar a venda do 100% de Airwave á compañía Guardian Digital, filial de Macquarie, por 2.982 millóns de euros. A operación, que segundo informa a operadora galega non está suxeita a condición algunha, farase efectiva o 20 de abril de 2007 e achegaralle á devandita empresa unha cantidade total de 2.860 euros, logo da daducción da débeda de Airware e outras obrigas. Cómpre sinalar que Airwave é provedor de servizos de comunicacións das forzas de seguridade de Reino Unido, cunha base total de ingresos polos contratos suscritos que vai alén dos 4.700 millóns de libras. Podemos ver aquí (en pdf) o comunicado da operador.

PUBLICIDADE