Telefónica ofrecerá ADSL a 3 Mbps sen liña de voz

xoves, 22 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A CMT autorizou a Telefónica a ofrecer aos seus clientes naked ADSL, ou sexa, conexións de ADSL que non precisan da contratación dunha liña de voz para o seu funcionamento, e non tardaron apenas nada en preparar un produto deste tipo: ADSL Libre.
O novo servizo de banda larga non asociado a un consumo de voz estrearase nunha modalidade de 3 Mbps sen límites de transferencia nin horarios por 32,90 euros/mes, non sendo preciso pagar pola liña como noutras conexións de ADSL actuais, o que supón un aforro para os usuarios que non precisan de telefonía fixa (algo cada vez máis habitual pola normalización da telefonía móbil).
O ADSL Libre comezará a comercializarse o vindeiro luns a través de todas as canles de venda de Telefónica.

PUBLICIDADE