Telefónica lanza unha drástica rebaixa do seu ADSL

mércores, 21 de outubro do 2009 Marcus Fernández

As ofertas de conexións domésticas de banda larga son cada vez máis agresivas, e coma exemplo temos que Telefónica está a comercializar accesos a través de ADSL a velocidades de ata 6 Mbps (cunha velocidade de subida de 320 Kbps) por 14,95 euros/mes durante 4 meses, incluíndo a posibilidade de adquirir por 2 euros/mes un bono de 250 minutos en chamadas dende unha liña móbil de Movistar (aplicable para as fins de semana). Tras os primeiros 4 meses, o prezo sería de 29,90 euros/mes, o que continúa a ser bastante menos dos 40,90 euros fóra de oferta, de xeito que durante o primeiro ano de contratación acadaríase un aforro de 191,8 euros.
Estariamos ante a rebaixa máis drástica ata o momento, que chegaría a superar a ofertas doutros operadores coma Jazztel, e podería servir tanto para atraer novas altas como para captar a anteriores clientes.

PUBLICIDADE