Telefónica chega aos 5 millóns de liñas de ADSL e dobrará as súas velocidades

luns, 28 de xullo do 2008 Marcus Fernández

José Evelio Abarca, Francisco Javier Serrano, Julián Rodríguez e o seu fillo Marco (gañadores do premio cliente 5 millóns) e Pablo Asenjo

Telefónica chegou á súa liña de ADSL 5 millóns, premiando ao cliente que contratou esta conexión, o propietario dun taller de reparacións madrileño, Julián Rodríguez, a quen lle obsequian co Posto de Traballo con Mobilidade Total, que inclúe un ordenador portátil HP con 3G integrado, Wi-Fi e mantemento integral.
A chegada aos 5 millóns de conexións de ADSL confirma que esta opción continúa a ser a predominante na banda larga en España, de xeito que é a elixida por 3 de cada 4 usuarios, e continúa en rápido crecemento (medrou un 66% nos últimos 2 anos) o que tamén foi acompañado por melloras tecnolóxicas no tocante a coberturas e velocidades de acceso.
Na actualidade as conexións de ADSL estándar son de 3 Mbps e o vindeiro 1 de agosto comezará o proceso de renovación desta oferta a 6 Mbps, resultando a actualización de velocidade gratuíta e transparente para o usuario de Telefónica con Dúo ou Trío de 3 Mbps que teñan contratado antivirus (para os que non teñan contratado este complemento o cambio comezará a aplicarse a primeiros de setembro, aplicándose o cambio de velocidade por só 1 euro adicional).

PUBLICIDADE