Tecnópole saca a concurso a construción da súa incubadora de empresas biotecnolóxicas

luns, 23 de abril do 2007

A Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) vén de sacar a concurso público a construción para o edificio da incubadora (Lanzadeira) de empresas biotecnolóxicas. Segundo indica o complexo empresarial nun comunicado, o contrato ten un orzamento de tres millóns de euros e nel contémplase que o edificio terá que estar rematado no prazo de 16 meses dende a súa formalización. A convocatoria do concurso foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOGA) o 9 de abril.
Os pregos que rexerán a contratación da construtora para levantar o edificio da Lanzadeira están a disposición dos interesados na páxina web www.mercopole.com. O prazo máximo para a entrega de propostas remata o vindeiro 5 de maio.

PUBLICIDADE