Tecnocom adquire PRIMMA Software

xoves, 30 de decembro do 2010 Redacción

A consultora Tecnocom asinou hoxe o contrato de compra-venda para a adquisición do 100% do capital de PRIMMA Software, S.L., sociedade valorada en 4.034.000 euros, é dicir 5,5 veces o EBIT (resultado antes de intereses e impostos) obtido pola sociedade no exercicio 2009. Adicionalmente se contempla un sobreprezo de ata 1.100.000 euros en función do incremento que se obteña no EBIT do exercicio 2010 sobre o EBIT 2009.
O pagamento realizarase 50% en efectivo e 50% en accións de Tecnocom valoradas a un prezo equivalente á media ponderada da cotización dos tres meses previos á firma do acordo, é dicir, a un prezo por acción de 2,388 euros.
PRIMMA é unha compañía española especializada en solucións de seguros que, ademais de contar cun core de negocio (Aneto) de primeiro nivel, presta servizos de gran valor nas principais aseguradoras do país. Este movemento vai a permitir a Tecnocom manter a súa posición de liderado no mercado español e favorecer o proceso de internacionalización con solucións propias.
Tecnocom renovará a tecnoloxía dos produtos de PRIMMA, migrándoos a sistemas abertos e arquitecturas SOA, co fin de convertelos nunha referencia do mercado. Esta renovación, xa en marcha, é sen dúbida unha aposta máis de Tecnocom por converterse en líder do mercado, en solucións de seguros.
Esta operación constitúe outro paso máis no proceso iniciado por Tecnocom hai dous anos, para dotarse de solucións propias de valor engadido nos ámbitos de core bancario, core de medios de pagamento e core de seguros, permitindo ao grupo continuar coa súa estratexia de expansión en mercados internacionais da man das súas solucións de maior valor engadido.
Lembremos que Tecnocom fíxose en 2006 coa galega Softgal por 20 millóns de euros.

PUBLICIDADE