Tamén hai pacifistas no World of Warcraft

luns, 11 de abril do 2011 Marcus Fernández

Ficha do personaxe Everbloom

Nos foros do xogo en liña World of Warcraft podemos ler o testemuño de Everbloom, unha elfa nocturna druída de nivel 85 que realizou toda unha fazaña digna de admiración, pois o seu usuario, armado de paciencia, conseguiu prosperar ata o seu máximo nivel sen matar a outras criaturas, o que foi posible tras 5 meses recollendo herbas, cavando na procura de osos ou, simplemente, explorando a natureza de Azeroth.
Esas pequenas tarefas poderían considerarse repetitivas e aburridas, pero a persoa detrás de Everbloom asegura que a experiencia foi enriquecedora, dándolle unha perspectiva moi persoal do contorno e superando un reto impresionante, pois resulta realmente difícil non sucumbir ante a facilidade de prosperar no xogo aniquilando inimigos. Os interesados en seguir este novo camiño de gozar do World of Warcraft poden unirse a un gremio chamado Peace Corps, no que os usuarios teñen como reto manterse sen matar a ningunha criatura nin superar ningunha das misións impostas.

PUBLICIDADE