Supermotortv.com: nova canle televisiva por Internet

luns, 9 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Ya.com e Absline Multimedia lanzan unha canle de televisión por Internet especializada no mundo do motor, Supermotortv.com, dende a que ofrecen un repertorio de gravacións das últimas novidades e reportaxes relacionadas co sector, xunto cun diario informativo coas novas de actualidade.

O usuarios tamén poden consultar filmacións dos vehículos no mercado e ver en 3D os detalles estéticos do exterior e interior de cada modelo, completándose este proxecto cunha base de datos cos anuncios de coches que se emiten en televisión en un apartado de entrevistas.
A web tamén achega o acceso a contidos como unha base de datos de coches novos, seminovos, quilómetro cero e de ocasión, así como a novidades, probas e reprotaxes sobre lanzamentos de novos modelos e noticias sobre tráfico e seguridade vial.
E os coches non serán os últimos que teñan un espazo nesta web, senón que as motos, as autocaravanas e os lugares de acampada tamén terán un lugar de seu, xunto con moita máis información de interese (financiamento, tendas de recambios e accesorios, listaxes de radares, información sobre a ITV, foros, chats, etc.).

PUBLICIDADE