Sun levará Java ó iPhone e ó iPod Touch

luns, 10 de marzo do 2008

A aparición do SDK do iPhone podería incrementar as posibilidades do iPhone grazas en boa medida ó traballo de Sun Microsystems, que estaría a traballar nestes momentos no desenvolvemento dunha máquina virtual Java para o móbil de Apple, de xeito que abriría a porta a xogos e aplicacións desenvolvidas coa biblioteca Java Micro Edition (JME).
A primeira versión funcional de Java para o iPhone podería estar dispoñible a primeiros do verán.

PUBLICIDADE