Suda51 prepara un xogo de zombis e animadoras

xoves, 21 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Que os xogos de zombis están de moda non é ningunha novidade, polo que sorprender e innovar no xénero resulta complicado, o que levou ao coñecido creador Goichi Suda (Suda51) a presentar unha nova proposta desenvolvida polo estudo Grasshopper Manufacture, o videoxogo Lollipop Chainsaw para Xbox 360 e PlayStation 3, que estará protagonizado por Juliet, unha estudante do Instituto San Romero, que deberá rematar cos mortos viventes cunha serra mecánica e realizando coreografías de animadora (riqueza de movementos que enriquecerá o xogo evitando a repetición de atacar sempre aos inimigos coa motoserra).
Suda51 asegura que levaba tempo querendo facer un xogo así, ambientado nun instituto, no que as aulas, corredores e ximnasio transformaranse de vez ante unha invasión zombi, aínda que fuxirá do gore propio do xénero apostando por unha aproximación pop, no que os chorros de sangue serán substituídos por faíscas e luces de cor rosa. Haberá que ver se a orixinalidade chega para soster un título que como mínimo será diferente ao que estamos afeitos.

En vez de sangue, no xogo teremos luces de cor rosa
Juliet poderán realizar movementos de animadora para enfrontarse aos mortos viventes

PUBLICIDADE