Subastan en eBay esceas censuradas deHigh School Musical 3

luns, 3 de novembro do 2008 Raquel Noya

Segundo vén de informar o xornal dixital arxentino, Thimes of the Internet, o portal de subastas en liña eBay, puxo á venda cinco das tomas dunha escea censurada da taquilleira película High School Musical 3, na que o mozo Zac Efron, o actor principal do filme, aparece bañándose ousadamente cun grupo de amigos, espido de cintura para arriba.
Esta escea tan excesivamente subida de tono, non foi considerada axeitada para a súa exhibición perante o público infantil polo que foi recortada da cinta e alouxada das perversas miradas dos espectadores que non están preparados para este tipo de imaxes tan abusivas.
Segundo indican no portal, as devanditas esceas foron censuradas polos executivos de Disney, por ser consideradas “demasiado homoeróticas”, sobran os comentarios.

PUBLICIDADE