Street Fighter IV chegará a Europa o 20 de febreiro

venres, 14 de novembro do 2008

O agardado xogo Street Fighter IV non chegará antes de rematar o ano ao mercado, pero finalmente xa se lle puxo data ao seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3, de xeito que nos EE.UU. o poderán adquirir a partir do 17 de febreiro de 2009 mentres que en Europa deberemos agardar ao 20 de febreiro para ver o regreso pola porta grande dunha das sagas de xogos de loita de máis éxito (e que xa forma parte da iconografía popular).

PUBLICIDADE