Steam proba a retransmisión de partidas mediante streaming
mércores, 3 de decembro do 2014
Valve está a anunciar unha
nova funcionalidade da súa plataforma de xogos en liña, que está funcionando en
probas, e que consiste na posibilidade de permitir que os nosos amigos
poidan ver as nosas partidas mediante streaming,
na liña do que fai Twitch, e que nos últimos anos converteuse en todo un
fenómeno cunhas audiencias millonarias difÃciles de prever.
Steam Broadcasting
fai que o seguimento das partidas en vivo poida facerse con só premer un botón,
estando aberto este proceso a calquera usuarios que queiran inscribirse á beta
desta funcionalidade, sendo preciso que tanto os usuarios que transmiten as
súas partidas mediante streaming como
os que reciban o sinal en vÃdeo teñan instalada a beta do cliente de Steam. Os
usuarios poderán definir a privacidade das rúas retransmisións, de xeito que
poden autorizalas só para amigos aos que conviden, a amigos que o soliciten, a
calquera amigo ou a calquera outro usuario de Steam.
As retransmisións de partidas en directo cobren distintas demandas, de xeito
que tanto poden entenderse como un formato de deporte electrónico ou tamén pode
empregarse como unha ferramenta para, por exemplo, amosar a un amigo como
superar un nivel dun xogo ou para presentar un tÃtulo a outras persoas.
- O cliente beta de Steam permite ver en directo as partidas doutros xogadores