Star Trek: D·A·C chega ao Bazar de Xbox LIVE

mércores, 13 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados a Star Trek xa poden descargar do Bazar de Xbox LIVE un videoxogo baseado na 11ª película da saga que está actualmente nos cines españois. O xogo Star Trek: D·A·C é un shooter espacial descendente de ritmo rápido que permite xogar en solitario ou en liña (con modos cooperativo e competitivo) para ata 12 xogadores simultáneos, permitindo elixir entre distintas naves estelares con características propias (3 da Federación, entre as que está o U.S.S. Enteprise, e 3 do Imperio Romulano). O prezo do xogo é de 800 puntos (9,6 euros) e tamén estará dispoñible para PlayStation 3 e PC, entendéndose coma unha pílula de diversión pura para trekkies, sen máis pretensións.


Trailer do xogo de Star Trek para Xbox 360

PUBLICIDADE