Stan Lee aparecerá no videoxogo Marvel Ultimate Alliance 2

mércores, 22 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Activision anunciou hoxe que a lenda do cómic Stan Lee (co-creador de personaxes coma Spider-Man, os Catro Fantásticos, os X-Men, Iron Man, Thor, Daredevil e Hulk) aparecerá por primeira vez nun videoxogo, no agardado Marvel: Ultimate Alliance 2, que chegará ás tendas en setembro. Prestaralle a súa imaxe e a súa voz a un personaxe cun papel chave no desenvolvemento da historia, que contén elementos da saga Civil War dos comics da Marvel.
«Estou encantado coa idea de aparecer por primeira vez nun videoxogo en Marvel: Ultimate Alliance 2», afirmou Stan Lee, editor emérito de Marvel Comics. «É incrible ver como cobran vida no xogo os personaxes que axudei a crear... ¡E agora son eu o que forma parte do universo do videoxogo de Marvel!».
«Activision ten unha longa traxectoria en xogos que deron vida ás creacións de Stan Lee, así que é estupendo poder incluílo a el tamén en Marvel: Ultimate Alliance 2», comentou Rob Kostich, xefe de mercadotecnia das propiedades con licenza de Activision Publishing, Inc. «Stan é unha lenda no mundo do cómic e a súa aparición é un aliciente máis para os fans cando poidan gozar este outono do exército xogable máis completo de heroes e viláns».

Gamespot entrevistou a Stan Lee na pasada edición do E3 para falar do Marvel Ultimate Alliance 2

PUBLICIDADE