Stalin enfróntase aos marcianos nun xogo de estratexia en tempo real

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Cando un xogo que non é dun grande estudo quere acadar certa repercusión, ten que agudizar o enxeño, e dende os estudos BWF, Breamlore e N-Game parece que o conseguiron, e o seu novo xogo de estratexia en tempo real para PC está a acaparar a atención do público grazas ao seu absurdo argumento e o seu ridículo vídeo promocional, pois para este título bélico decidiron ambientar a historia nunha Segunda Guerra Mundial na que Statlin ten que facer fronte a unha invasión alieníxena, á vez que aparece bailando coma se fose o Dancing Baby.
Poderiamos describir o xogo Stalin vs Martians coma unha mestura entre un Command & Conquer coa película de Tim Burton Mars Attacks, polo que aínda que non esteamos ante unha obra mestra, de seguro que vai divertir a moitos. Este título distribuirase no mes de abril a través de Mezmer Games (marca de Paradox Interactive).

O xogo está dentro do xénero de estratexia en tempo real


Divertido trailer de Stalin vs Martians.

PUBLICIDADE