Square Enix estrea o seu primeiro xogo para iPod

martes, 8 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Square Enix, estudo que creou títulos coma Final Fantasy e Kingdom Hearts, sorprendeu agradablemente co seu primeiro xogo para reprodutores iPod, Song Summoner: The Unsung Heroes que xa se vende dende iTunes a 4,99 euros (aínda que non está traducido ao español).
O novo título sorprende por ser un RPG musical, que utiliza as cancións almacenadas no iPod para convocar tropas (Tune Troopers) e crear tácticas de combate. Un concepto realmente sorprendente, especialmente nun momento no que os xogos musicais tenden a ser coma Guitar Hero.
O xogo contrólase coa roda de clic, de xeito que é tan doado de manexar como a reprodución musical no iPod. Amais, cando esteamos a reproducir cancións no iPod coas que creásemos unha tropa anteriormente incrementaremos o seu poder.
Song Summoner é compatible con iPod nano de 3ª xeración, iPod de 5ª xeración e iPod classic.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE